MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



lunes, 15 de octubre de 2012

SUMATORIA DA ANPA A ANCION DE CEAPA

A Xunta Directiva da ANPA do CEIP Ría de Vigo decidiu sumarse á Convocatoria da Federación Nacional de ANPAS según a cal as familias farán sentir o seu malestar cos recortes que se veñen dando no campo educativo (dos que levamos xa sufrido no noso cole como a perda de dúas unidades e dúas mestras, falta de recursos económicos para abordar obras no colexio como o cambio de ventas, pavimento de pista deportiva,..), así como co contemplado no anteproxecto de reforma educativa presentado recentemente polo Ministerio de Educación. Esta Lei conleva un maior apoio para o ensino privado-concertado, maior segregación do alumnado, perda de democracia na xestión dos centros educativos, encarecemento do ensino universitario imposibilitando o acceso ao mesmo para a cidadanía con menos recursos,…).
Por todo isto, a Xunta Directiva da ANPA anima ás familias do colexio a secundar esta protesta, sempre en función do seu propio criterio. Polo tanto, se queredes secundala,  non enviedes ás vosas fillas e fillos á escola o vindeiro xoves 18 de outubro.
        
EN DEFENSA DUN ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE
XUNTA DIRECTIVA

No hay comentarios:

Publicar un comentario