MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



miércoles, 29 de septiembre de 2021

ÚLTIMOS DÍAS INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRA-ESCOLARES
 

Recordade que o día 30 de Setembro é o último día para inscribirse nas actividades extraescolares organizadas pola ANPA do cole. Recordade tamén que para poder participar nestas actividades DEBEDES ser SOCIOS da ANPA.

Para facervos socios escribide un correo a ANPA (anpaceipriadevigo@gmail.com) cos vosos datos e facede un ingreso de 15€/familia no número de conta ES90 2080 5097 3530 4000 0858 indicando como concepto o nome e curso dos alumnos.

ANIMÁDEVOS é importante conseguir o número minimo de alumnos para poder facer as actividades.


martes, 21 de septiembre de 2021

NOVA INFORMACION ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR PISCINA VALADARES
 

Para este curso 2021-22, non temos asignado un horario, está pendente de confirmación polo centro según disponibilidade. A actividade será de 1 día á semana. Terán en conta as preferencias das familias. 

 POR FAVOR OS INTERESADOS:

Enviade un e-mail a: anpaceipriadevigo@gmail.com, cos seguintes datos: nome e apelidos, idade, tlf. contacto, preferencia de día e hora dentro dos horarios ofertados.

Os posibles horarios son: Luns a Xoves : 16h - 16:45h e 16:45 - 17:30h, Venres: 16h - 16:45h, 16:45h - 17:30h, 17:30h - 18:15h, 18:15 - 19h.

lunes, 20 de septiembre de 2021

 CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA

DÍA: Luns 27 de setembro 2021


HORA: 1ª convocatoria ás 19:00


            2ª convocatoria ás 19:30


LUGAR: Online a través de Webex (enviarase invitación)                                       



Convócase a todos os socios a unha Asemblea Xeral Ordinaria cos seguintes puntos na orde do día:


1.Lectura e aprobación da acta anterior.

2.Actividades extraescolares 2021/2022 

3.Estado de contas.

4.Elección representante consello escolar.

5.Rogos e preguntas.



Vigo, 20 de setembro de 2021

lunes, 14 de junio de 2021

 

 

CONVOCATORIA ASAMBLEA XERAL

 

Boas:


Dende a Anpa queremos convocarvos a unha Asamblea Xeral o vindeiro xoves 17 de xuño ás 19:30h a través da plataforma Webex.

 

Os puntos da Orde do Día son os seguintes:

 

 

- Lectura e aprobación da acta anterior.

 

 

- Presentación de contas.

 

 

- Campamento de verán.

 

 

- Extraescolares 2021/2022.

 

 

- Votación nova Xunta Directiva.

- Rogos e preguntas. 

 

 

 

 Graciñas e un saúdo

ANPA CEIP RIA DE VIGO


https://anpaceipriadevigo.blogspot.com/2021/06/convocatoriaasamblea-xeral-boastardes.html

miércoles, 2 de junio de 2021

 CAMPAMENTO VERAN 2021

 Debido ás novas medidas anunciadas pola Xunta, no Doga do 28 de Maio, conforme a realización de Campamentos de verán (monitor por cada 6 nenos en interior e 10 en exterior), con disposicións mais restritivas que as do ano pasado, a empresa que se encarga da realización do noso Campamento avisounos onte á noite de que non pode asumir este cambio e que suspende o Campamento. 

Porémonos en contacto con cada unha das familias que xa ingresaron a reserva. 



Despois de buscar e estudar varias propostas, decidímonos por Norgof, unha empresa con bastante experiencia no sector e que vai poder  seguir coa realización do noso Campamento. 

Enviamos toda a información no folleto para as inscricións. 

Comentarvos que os prezos son superiores aos da anterior empresa.  

Desculpade polas molestias causadas.  

Grazas e un saúdo

ANPA CEIP RIA DE VIGO


CARTEL DO CAMPAMENTO DE NORGOF:

O prazo de preinscripción remata o 10 de Xuño!!!!

AMPLIASE O PLAZO DE INSCRIPCIONS ATA O 18 DE XUÑO!!!!!!!












domingo, 30 de mayo de 2021

CAMPAMENTO VERÁN 2021

 

CAMPAMENTO DE VERÁN 2021   (ANULADO) 

¡¡¡¡¡¡¡¡¡OLLO ANULADO!!!!!!!!!!!



 ¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ANULADO     ANULADO     ANULADO      ANULADO    ANULADO!!!!!!!!!!!!!!

Nos seguintes archivos que vos adxuntamos enviamos toda a información detallada do campamento, así como a folla de inscrición para o mesmo.

Teredes que facernos chegar ao correo electrónico da Anpa (anpaceipriadevigo@gmail.com), a inscrición cuberta anotando o periodo para o que solicitades o campamento e o xustificante do ingreso correspondente ao 50% do importe para a reserva do mesmo.

Importante:

E necesario que, pada poder facer uso do campamento, se teña pagada a cuota anual de socio da Anpa.

Aqueles que todavía no o teñan feito terán que acompañar á documentación antes mencionada o xustificante do pago de dita cuota ( 15 €/familia ).


https://tokapp.com/url/xgu31ls3

https://tokapp.com/url/q6k32cia 

 

 Graciñas e un saúdo

ANPA CEIP RIA DE VIGO