MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



jueves, 26 de septiembre de 2013

PROTOCOLO DE ACTUACION EN GUARDIAS

1.       Presentarse con puntualidad a las guardias, casi todas empiezan 10 antes de rematar la primera actividad de cada día y remata una vez que se vea que todos los niños han sido recogidos.  

2.       La guardia tiene como principal misión la de controlar y asistir a la salida de actividades, así como de informar de cualquier incidencia reseñable en las mismas.

3.       La guardia se realizara en el hall de entrada, a  tal fin se colocara en tablón de anuncios del anpa un colgante identificativo, así como un block donde se puede anotar, cualquier incidencia o pregunta con los datos de quien pregunta para poder dar respuesta al misma.

4.       Estar presente al termino de una actividad o turno vigilando la entrega de niños del monitor a los padres, comprobando que a todos los han venido a buscar y en caso contrario proceder a llamar al teléfono de referencia del listado, no dejar al niño solo en la espera que lo vengan a recoger, en caso de que no pueda quedarse el que esta realizando la guardia, avisar a cualquier miembro directivo del ANPA para que venga a sustituirlo.

5.       Se estará pendiente del paso de personas y niños, con el fin de ejercitar un mínimo control y por si se da el caso de que alguien quisiese hablar o ponerse en contacto con el ANPA, diciéndole que puede dejar recado en el libro de incidencias.

6.       Prestar ayuda y colaboración a cualquier petición de los monitores de las actividades.

7.       Avisar a los padres de cualquier incidente necesario en la actividad, para lo cual existen listados de cada actividad con los niños y un teléfono de referencia. Dichos listados están en el cuarto del ANPA sala de ludoteca, donde la monitora NOEMI que es miembro de la directiva del ANPA, ayudara a solventar cualquier incidencia.

8.       Informar y avisar de cualquier incidente reseñable a los profesores de guardia así como a algún miembro del equipo directivo del ANPA pudiendo encontrar los teléfonos de presidente, secretario o tesorero en el tablón de anuncios del ANPA, los profesores de guardia estarán en la biblioteca o sala profesores.

9.       Recoger cualquier comunicada de padres hacia el ANPA ya sean bajas o altas en actividades, comentarios, reclamaciones, dudas o sugerencias, cualquiera de estos asuntos se trasladaran a la libreta de anotaciones del tablón  del ANPA del hall señalando fecha y quien hace tal anotación.

10.    Informar sobre la s actividades, precios, horarios, nº de cuenta bancario, formas de comunicación con el ANPA (buzón, correo electrónico y blog), toda esta información esta presente en carteles en tablones del ANPA.

11.    Tomar nota de cuando se realiza la próxima guardia, para lo cual se dispone de un calendario de guardias en el propio tablón del ANPA.

12.    En caso de urgencia médica o accidente, si es leve ayudar con el botiquín del colegio y asistir al alumno, avisando a personal docente de guardia y sus padres, en caso de ser grave avisar a emergencias 112,  avisar al personal docente de guardia, avisar a los padres, avisar a la directiva del ANPA.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

NORMAS DAS ACTIVIDADES

O Pagamento farase na conta da ANPA do C.E.I.P Ría de Vigo :

nº 2080-5097-35-3040000858  de NOVACAIXAGALICIA (sucursal CANIDO)

1.- As actividades darán comenzo o día 30 septembro o 30de maio de 2014

2.- E obrigatorio o pagamento da cuota anual da ANPA (12€) para todos os nenos/as que se inscriban tanto nas actividades extraescolares, como no servizo “Espertar xogando”.

3.- Non se admitirá a inscrición nas actividades a ningún neno/a, se os pais teñen recibos pendentes de anos anterior.

4.- A inscrición nas actividades ou en ”Espertar xogando” farase cumprimentando a folla de solicitude que achegamos, debidamente cumplimentada. Poderase mandar polo neno/a e entregarlla o/a tutor.

5.- Os pagamentos das actividades farase antes do día 10 de cada mes  na conta bancaria da ANPA.

6.-  O apuntar un neno a cada actividade conlevará realizar unha garda o ano por neno e actividade. A tal fin colocarase un calendario para que cada un se anote ocupando os dias que lle corresponden.

7.- As novas inscripcións nas distintas actividades so poderán comenzar na mesma no 1º día do mes seguinte o de anotarse.

8.- Por cuestions organizativas tanto da Anpa, do cole como das propias actividades, exixirase o compromiso de permanecia de polo menos 3 meses. No caso de non darse de baixa, renovanrase automáticamente por outros 3.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2016-17 HORARIO

NOTA SOBRE AS ACTIVIDADES 2015-2016



 Ludoteca: tratase  dun servizo de gardería, na que se farán diferentes actividades: manualidades, xogos, etc. Tamén pódese aproveitar para que os nenos fagan individualmente os deberes. Os nenos poderan ser fixos, cun horario semanal estable ou ben esporádicos para o cal os pais terán que vir ao Cole a recoller ó Nen@ a deixalo na Ludoteca. A actividade se desenrolará no local da ANPA e terá un aforo máximo de 10 nenos/día. A actividade será coordinada por Ana Freire (nai dunha alumna do cole,  menbro da ANPA, responsable do campamento de Verán e dos almorzos de expertar xogando).

Debuxo- Práctica e familiarización co mundo do arte e a pintura, é unha actividade impartida por José Miranda na que se utilizan diversas técnicas de debuxo: acuarela, acrilico, témpera, lapis ...así como diversos estilos artísticos : abstracto, collage, reallismo, ... E unha actividade aberta a todas as idades, incluso pais. No fin de curso farase unha exposición no Porche do cole con todos os traballos realizados o longo do ano.

Taekwondo: Actividade impartida por Antonio Rebouras, desemvolvemento desta práctica marcial que mistura o exercicio, a concentración, flexibilidade, forza, disciplina e coordinación coa diversión. Coa posibilidade de federarse e conseguir o pase a un cinto superior. Faise unha exhibición na festa de fin de curso da ANPA.

Inglés: Clases complementarias para tratar de aumentar as competencias nesta lingua a travás do xogo, o uso do ordenador, as cancións e outros recursos. Aprender disfrutando.

Intelixencia Emocional:  E unha nova actividade introducida este ano impartida por xovenes profesionais da psicoloxia emocional (IMNOVA INTELIXENCIAS) da nosa cidade.

Técnicas de Estudio: Outra nova actividade para este curso destinada  os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria, para axudarlles a administrar mellor o tempo e os recursos de estudio a hora de asimilar os conceptos de aprendizaxe.

Multideprte: Actividade destinada os mais pequenos (infantil e 1º primaria) e que neste curso retomase sustituindo a Atletismo.

Zumba: Outra actividade nova, impartida por Ana Freire (nai dunha alumna do cole e encargade da Ludoteca e Espertar Xogando). 


Pisciña:  As prazas repartiranse  o día da Asemblea  as 18hs mais ou menos segundo o establecido na anterior asamblea. Este curso contamos con duas pisciñas (Valadares e Navia).



NOTA:  Para todas as actividades extraescolares ( a excepción depiscina) é necesario cubrir unha ficha de alta na actividade que se poden recoller no taboleiro da anpa e que ven impresa por detrás dos horarios das actividades, tamen a tedes no blog. Entregar no buzon instalado na porta do local da anpa.



BENBIDA O CURSO 2015-2016


Benvidos a novo curso escolar. Neste novo curso traballaremos todos xuntos para continuar mellorando o noso colexio. O traballo da ANPA é posible grazas a aportación da cuota anual de 12€ (por familia). Grazas a estes cartos podense desenvolver as actividades extraescolares, senón tamén, por exemplo, a colaboración coas festas no centro (Magosto, Nadal, Fin de Curso, Día da Paz, etc.), a participación na Federación de ANPAS de Vigo, a intermediación e tramitación coas distintas administracións públicas para conquerir calquera mellora ou servicio para o colexio… Por todo isto apelamos ao voso deber e requerímosvos para que todas as familias ingresen, na conta do ANPA que especificamos nesta circular, a cuota establecida. En asamblea decidiuse manter a cuata anual anterior. A nosa primeira xuntanza do curso será o vindeiro luns, 23 de setembro ás 18:00 h. na que falaremos das actividades extraescolares e do que se fará ao longo do curso. Contaremos con servizo de canguro para que atenda aos nosos nenos e nenas. Tal como se acordou o ano pasado en asamblea realizarase o inicio da asamblea o sorteo para elexir o posto na inscripción para a pisciña. Lembrar que no lo local da ANPA están a venda os lotes de material por curso.

O servizo de gardería ”Espertar xogando” desenvolverase polas mañáns dende ás 8 horas. Porase en marcha dende o comenzo ata o fin do curso, cun custo de 30€/mes. Se tedes que facer uso deste servizo algún día solto o prezo é de 3€ por día e non fai falta avisar nin anotarse, xa que o servizo funciona todos os día do curso. Esta actividades pagarase a través da conta bancaria ao igual que as outras sempre que se utilice o servizo o mes completo, os día soltos pagaranse a coidadora. Existe outra modalidade sen desayuno e dende as 9horas no que se abonan 10€ mesuais ou ven 1€ dia solto.

Conta da ANPA do C.E.I.P Ria De Vigo : nº ES 90 2080-5097-35-30400008580 ABANCA  sucursal CANIDO
FAI o teu ingreso anual de 12€ por familia.

lunes, 17 de junio de 2013

Decalogo contra A LEI WERT

É unha contrareforma
1.        cargada dunha ideoloxía que semellaba superada.
-          Elimina materias que serven para analizar con espírito crítico a realidade complexa e plural da nosa realidade.
-          Aumenta a presenza e relevancia académica da relixión católica na escola.
-          Resucita orientacións curriculares e instrumentos de avaliación propios da escola do pasado.
-          Retrocede na igualdade entre mulleres e homes, facendo legal a existencia de concertos con centros que segregan por sexo.

2.        sen análise e debate previo.
-          Non se formula como resultante do diálogo e do consenso senón como imposición.

3.        segregadora.
Promove a segreagación do alumnado e dos propios centos ao non ter en conta as condóns socio-económicas de que parten e nas que se desenvolven.
-          Persegue filtrar e seleccionar ao alumnado canto antes para diluir o fracaso escolar e
fornecer man de obra barata ao mercado laboral.
-          Obriga a elixir dende os 12 anos vías formativas que non teñen retorno.

4.        que infravalora o traballo do profesorado
-          O labor avaliativo decisivo queda en mans dos axentes externos que eralizarán as reválidas.
-          As avaliacións só servirán para catalogar e clasificar ao alumnado e aos centros, non para detectar necesidadades educativas.

5.        Dinamita os dereitos laborais do profesorado.
-          Degrada as condicións materiais de traballo docente, aumenta a carga lectiva e as ratios, reduce medios e programas de apoio, impón recortes en bolsas, comedores e libros de texto, conxela ou reduce os salarios, despide masivamente profesorado interino, penaliza salarialmente as baixas laborais e deixa de cubrilas se son por un período inferior a 15 días, etc.


6.        introduce a xestión empresarial nos centros.
-          O director, elexido pola administración,  poderá seleccionar o profesorado do centro.
-          Restrinxe a participación da comunidade educativa na xestión democrática dos centros, facendo dos Consello Escolares órganos só consultivos na maior parte dos asuntos.
-          Aposta por unhas escolas xestionadas con parámetros de empresa privada.
-          Fomenta a idea da competitividade en detrimento doutros principios como o beneficio social, a cooperación e a compensación das desigualdades.

7.        fomenta a desigualdade de oportunidades.
-          Establécese un mecanismo de clasificación dos centros baseado nos resultados académicos do alumnado, sen ter en conta outros factores relevantes.
-          Atribúense máis fondos ás escolas de mellores resultados nas reválidas, no canto de favorecer aquelas que teñen que atender alumnado con maiores dificultades e necesidades educativas e deben traballar en contextos socio-económicos menos favorables.
8.        só favorece á empresa privada.
-          Cede a xestión dos centros públicos a entidades privadas.
-          Os centros privados poden seleccionar máis ao seu alumnado.
-          Esténdense os concertos á nova FP básica.

9.        cambia o currículo.
-          Dos currículos redúcese, ata case eliminalo, todo saber que eduque no pensamento crítico e na autonomía persoal.
-          Consagra a preminencia do castelán perante as outras linguas.

10.        busca a recentralización e a falsa autonomía de centros.
-          Auméntase a porcentaxe de contidos que marca o Estado e diminúe polo tanto a porcentaxe de contidos que escollía a nosa administración educativa.
-          A imposición das reválidas priva da autonomía pedagóxica ao profesorado ao estar o proceso de ensino-aprendizaxe supeditado a “superar” as mesmas.


jueves, 13 de junio de 2013

paremos a LOMCE

CLASISTA
A LOMCE recorre a un perigoso concepto de “talento”, intentando culpar á xenética do clasismo e racismo que caracteriza á nosa sociedade; ignorando que os intereses, capacidades e destrezas humanas son o resultado do contexto e das condicións nas que vivimos as persoas.

É, polo tanto, unha lei destinada a expulsar do sistema ao alumnado dos grupos sociais máis desfavorecidos, cuns “talentos” que se lles fará ver que non son los axeitados e pertinentes.

SEXISTA
Permite colexios segregados por sexo, aducindo unha declaración da UNESCO de 1960 e ignorando convencións posteriores aprobadas pola ONU e sentencias do tribunal constitucional, e dando as costas a unha das manifestacións máis evidente de diversidade: a diferenza sexual.


COMUNIDADE EDUCATIVA “VIGO SUR”. INICIATIVA VENRES NEGROS

lunes, 10 de junio de 2013

Manifesto encontra da LOMCE

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público estase a mobilizar contra o anteproxecto  de Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa, para amosar o seu total rexeitamento a unha lei reaccionaria, españolizadora, privatizadora, clasista, antipedagóxica, antidemocrática,  e confesional, que liquida a igualdade de oportunidades e expulsa do ensino os sectores  sociais máis desfavorecidos  da sociedade.

É un anteproxecto recentralizador e españolizador, que lle facilita ao alumnado, se é necesario, a matriculación nun centro privado, pagado por todos e todas nós, para evitar a súa escolarización no noso idioma. Procura o máximo control dos contidos a través do Goberno central, uniformiza mediante as reválidas, desterra a nosa lingua ao rango inferior na clasificación que prevé para as materias, situándoa por detrás da Relixión ou dunha segunda Lingua estranxeira, negándolle así o lugar que lle corresponde nas materias troncais, entre as que están a Lingua española ou Inglés. Impón  un modelo lingüístico que elimina o ensino en galego e invade as cativas competencias que temos coa intención de afastar totalmente o ensino da nosa realidade social, histórica, cultural e lingüística.

Medidas como estas non só van repercutir negativamente no ensino público, senón que van fortalecer o ensino privado concertado que se verá favorecido coa creación de centros de excelencia, mediante a  selección do alumnado. Blíndanse os concertos económicos cos centros privados, mesmo con aqueles que segregan o alumnado por razón de xénero, malia existir sentenzas que ditaminan a súa ilegalidade.

É un anteproxecto profundamente antidemocrático, que traslada o sistema de xestión empresarial ao ensino. Elimina o Consello Escolar como órgano de goberno. A dirección será elixida pola administración e terá plenos poderes.

Liquida a igualdade de oportunidades ao impor un sistema de continuas barreiras selectivas para que só unha minoría acceda aos estudos postobrigatorios e universitarios. É unha lei elitista, clasista e segregadora, xa que estabelece reválidas para poder acceder á titulación correspondente en 4 de ESO e en Bacharelato. Pretende crear, mediante os programas de calidade e especialización curricular, diferentes categorías de centros e atender, con máis recursos e medios, aqueles que mellor resultados acaden, previa selección do alumnado, no lugar de procurar que todos os centros conten cos recursos necesarios para que todos e todas, con independencia da súa procedencia social ou xeográfica, reciban unha  formación de calidade.

Información Marea Verde Vigo‏

MAREA VERDE VIGO quere informarvos das actividades en contra dos recortes en Educación e a LOMCE, e a prol da aprobación dunha lei de educación pactada e consensuada pola comunidade educativa.
Son un grupo de profesores e profesoras do ensino público non adscritos a ningún partido ou sindicato que levamos unhas semanas mobilizados en contra da política educativa do goberno, tal e como están a facer durante todo o curso os centros do Val Miñor (http://mareaverdedoensino.blogspot.com.es/).
A principal iniciativa de mobilización son os Venres Negros: todos os venres o profesorado, nais e pais e alumnado manifestan na rúa, á hora do recreo ou á entrada, o seu descontento coa política educativa do Goberno e da Xunta. Ademais recoméndase asistir vestidos de negro ás aulas. De xeito comp lementario estamos a crear e distribuír material gráfico (pancartas, carteis, adhesivos, murais nos centros,...) que axuden a facer visible o noso descontento.
Tamén recomendamos que os claustros dos centros tomen posición en contra da LOMCE, tal e como xa fixo a asemblea de directores e como teñen previsto facer moitos centros no claustro final de curso. Tendo en conta isto consideramos necesario informar ás familias das razóns desta postura, polo que animamos a convocar unha mesa redonda en cada centro aberta á participación das ANPAS, sindicatos de profesores e alumnos,...
Como a loita contra a LOMCE e os recortes ha de continuar no vindeiro curso animamos a toda a comunidade educativa a unirse a esta iniciativa en defensa do ensino público informándose, facéndose visibles e participando activamente nesta ou noutras convocatorias. Queremos convidar ao profesorado do ensino público de Vigo que queira participar, colaborar ou informarse das nosas propostas a que acudan o vindeiro martes 11 de xuño ao IES ALEXANDRE BÓVEDA (rúa Baiona), onde terá lugar a primeira xuntanza da MAREA VERDE VIGO aberta á comunidade educativa. Agardamos facela ao redor das 21:00 h., despois dunha mesa redonda coas familias de dito centro. Nesta xuntanza falarase de futuras mobiliza cións en defensa da ensinanza pública, coma por exemplo a CADEA HUMANA que terá lugar o 15 de xuño en  praia america.
Podedes poñervos en contacto no mail mareaverdevigo@gmail.com e no blog mareaverdevigo.blogspot.com, coa idea de sumar esforzos, ou tamén podedes optar por iniciar vós mesmos unha mobilización no voso centro. O importante é non quedar calados diante de leis inxustas e non pactadas

FESTA FIN DE CURSO DA ANPA


O vindeiro Sábado 15 de Xuño celebraremos  no cole a Festa Fin de Curso.

O Programa será o seguinte:
 
 
11:30 h. Comenzo da venta das Rifas para dous grandes premios: un xamón e un PlayMovil

12:00 h. Actuación de Danza.

13:00 h. Exhibición de Ximnasia acrobática (Flic-Flac)

13:30 h. Actuación de Danza Contemporánea.

13:45 h. Exhibición Baloncesto.

14:00 h. Xantar (Podedes traer a comida da casa ou mercala

na tenda da ANPA, haberá empanadillas, pizzas, bocadillos, bebidas, e CARNE ó CALDEIRO)

15.30 h. Concurso de Postres (degustación e votación de todos os asistentes á Festa e Entregas do Premio ó gañador)

14.30-17.30 h. Inchables. (Un dos inchables será de AUGA)

17:00 h. Actuación de Taekwondo.

17:30 h. Actuación do grupo de Teatro “Os Golfiños Titeriteiros”

17:55 h. Entrega dos premios das Rifas.

18:00 h. Actuación do grupo de ANIMACIÓN-MUSICAL.

19:30 h. Saída cara o Vao para participar na concentración de protesta contra a     LOMCE.


Animámosvos a acudir a festa do Cole deste ano: asistindo e participando nas distintas actividades e actuacions, disfrutando a hora de xantar dun delicioso prato de CARNE Ó CALDEIRO. Deste xeito poderemos estar, aínda que sexa un só día o ano, todos xuntos no cole e pasar un bo rato, mentres nosos fillos o pasan en grande coas actividades.

Podedes traer a comida de casa o poderedes mercarla na tenda da ANPA. Haberá Carne ó Caldeiro, empanadillas, pizzas, perritos, bebidas, etc. Tende en conta que o recaudado na tenda servirá para sufragar as actuación e os gastos da Festa.

Ademais celebraremos o III Concurso de Postres do Ria de Vigo. Todo aquel que queira participar só terá que traer un Postre Caseiro que estará exposto para que o probe e vote todo aquel que queira. O gañador levará un gran premio.

Haberá dous grandes Inchables pero un deles terá Auga polo tanto quen queira subirse nel deberá traer bañador e toalla para secarse… ¡ Non o perdades !!

Este ano venderemos Rifas para conqueirir dous grandes premios: por unha banda un gran Xamón e pola outra un PlayMovil.

Tamén as 16.00 h faremos unha merecida homenaxe a Bieito e a Montse, para o cal pedimos a colaboración de todos e transmitades a alumnos e ex alumnos que acudan para facer unha foto conxunta.

Recordade que a Festa rematará as 19.30h para que podamos sair todos xuntos cara a Praia do Vao e participar na concentración de protesta en contra da LOMCE que convoca a Plataforma Vigo Sur e a FOANPAS, das que formamos parte. Recomendamos ir de negro ou verde e para isto a ANPA mercou camisetas verdes co logo defensa da escola publica. Estarán a venda na festa ó prezo de 3 €.

Tamén estarán a venda (en liquidación) as camisetas azuis do cole (Eu son do Ría) a un prezo único de 5€.

 

¡¡ VOS ESPERAMOS ¡!

martes, 4 de junio de 2013

contra a ley wert, contra a LOMCE

ANTIDEMOCRATICA
A LOMCE é unha Lei que anula o funcionamento democrático dos centros escolares. As familias, profesorado, alumnado e PAS representados no Consello Escolar, perden a súa capacidade de decisión. Na maior parte dos asuntos a tratar, o Consello Escolar terá unicamente un carácter consultivo
 
ANTISOCIAL
A LOMCE é unha Lei que fomenta a idea da competitividade como principio básico do sistema educativo, en detrimento doutros como o beneficio social, a cooperación, a colaboración e a compensación das desigualdades.

COMUNIDADE EDUCATIVA “VIGO SUR”. INICIATIVA VENRES NEGROS

viernes, 31 de mayo de 2013

Inscripción CAMPAMENTO VERAN XULLO 2016

O Campamento se  levara a cabo do 27 de Xuño o 31 de Xullo. Os periodos dividiranse da seguinte maneira:  do Luns 27 de Xuño ó Venres 1 de Xullo ( poderase reservar excepcionalmente unha semana cun prezo de 25 euros); do Luns 4 ó Venres 15 de xullo a primeira quenda, e a segunda do Luns 18 ó Venres 29 de Xullo. O prezo da quenda e de 50€. Terá un horario de 9:30 a 14:00, con a opción individual dun servizo de almorzo co mesmo horario e prezo co actual (espertar xogando), é dicir, horario de 8:00 a 9:30 e prezo de 15€/quincena e neno ou 3€ dia solto.
O campamento desenvolverase  de Luns a Venres, principalmente nas instalacións do propio colexio, pero utilizando somentes  o ximnasio e os baños exteriores como instalacións cubertas, e as zonas exteriores. Non se dará servizo algún de comidas e a merenda da maña será aportada polos propios alumnos diariamente.
Os nenos dividiranse en grupos por idades e cursos cada un dos cales será dirixido por un monitor , cun ratio estimado de 15 nenos por monitor.
No campamento realizaranse  actividades de xogos, obradoiros e prácticas deportivas, nas que se incluirán xogos de auga, polo que será preciso que os nenos traían bañador e toalla. 
Traballaremos  por proxectos, e este ano a temática do campamento será os animais.
Os monitores terán apoios puntuais tanto de pais, como de xente especialista para o desenrolo de obradoiros e actividades. Realizarase un programa semanal de actividades segundo a climatoloxía e dispoñibilidade.
A  ANPA decidiu que para simplificar e axilizar tramites, así como para saber de maneira fiel con cantos nenos contamos no campamento, realizarase o  pagamento do mesmo, dunha vez e nun prazo non moi extenso. O prazo será ata o Mercores 15de Xuño. O ingreso se farase na conta da ANPA,  facendo constar o nome do neno e como concepto campamento e quincena. O prezo recordamos que e de 50€ quincena, 100€ mes completo. De saber si se usura el servizo de Almorzo tambén se ingresara na conta nº ES 90 20805097353040000858 de ABANCA.
Vaise dotar o campamento dunha piscina inchable duns 4m de diámetro e 60cm de profundidade de auga, dotada de depuradora, se pide autorización para que o neno poida bañarse. Tamén deberán traer medios auxiliares de flotabilidade en caso de non saber manter a mesma. A piscina será usada por quendas, con vixilancia na proximidade dun monitor.
            Quen teña interese deberá cubrir este documento e pagar antes do Venres 21 de Xuño. Deixar o formulario no buzón da ANPA o enviar a anpaceipriadevigo@gmail.com.   Para calquer dúbida chama o móbil 607 356115 de Luns a Xoves de 16:00 a 18:00. Tamén podes deixar o teu comentario no BLOG da ANPA http://ampariadevigo.blogspot.com/.  Accede o blog e poderás ver, e baixarte, fotos dos teus fillos.

Nome do alunos/as(marque as quincena que vay asistir cuinha x)
curso
27Xuño-01Xullo
04-15Xullo
18-29Xullo















Persoa de contacto

telefonos











Vai facer uso do servizo deAlmorzo ( marque cunha x)

si
non
Vai quedar a xantar (só traendo fiambreira) ata 15:15h


si
non





Nome da nai/pai
dni

sinatura

















Calquera outra cousa que estime oportuno informarnos sobre o neno ou pregunta polo desenrrolo do campamento., faganola saber elqui.