MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



lunes, 10 de junio de 2013

Información Marea Verde Vigo‏

MAREA VERDE VIGO quere informarvos das actividades en contra dos recortes en Educación e a LOMCE, e a prol da aprobación dunha lei de educación pactada e consensuada pola comunidade educativa.
Son un grupo de profesores e profesoras do ensino público non adscritos a ningún partido ou sindicato que levamos unhas semanas mobilizados en contra da política educativa do goberno, tal e como están a facer durante todo o curso os centros do Val Miñor (http://mareaverdedoensino.blogspot.com.es/).
A principal iniciativa de mobilización son os Venres Negros: todos os venres o profesorado, nais e pais e alumnado manifestan na rúa, á hora do recreo ou á entrada, o seu descontento coa política educativa do Goberno e da Xunta. Ademais recoméndase asistir vestidos de negro ás aulas. De xeito comp lementario estamos a crear e distribuír material gráfico (pancartas, carteis, adhesivos, murais nos centros,...) que axuden a facer visible o noso descontento.
Tamén recomendamos que os claustros dos centros tomen posición en contra da LOMCE, tal e como xa fixo a asemblea de directores e como teñen previsto facer moitos centros no claustro final de curso. Tendo en conta isto consideramos necesario informar ás familias das razóns desta postura, polo que animamos a convocar unha mesa redonda en cada centro aberta á participación das ANPAS, sindicatos de profesores e alumnos,...
Como a loita contra a LOMCE e os recortes ha de continuar no vindeiro curso animamos a toda a comunidade educativa a unirse a esta iniciativa en defensa do ensino público informándose, facéndose visibles e participando activamente nesta ou noutras convocatorias. Queremos convidar ao profesorado do ensino público de Vigo que queira participar, colaborar ou informarse das nosas propostas a que acudan o vindeiro martes 11 de xuño ao IES ALEXANDRE BÓVEDA (rúa Baiona), onde terá lugar a primeira xuntanza da MAREA VERDE VIGO aberta á comunidade educativa. Agardamos facela ao redor das 21:00 h., despois dunha mesa redonda coas familias de dito centro. Nesta xuntanza falarase de futuras mobiliza cións en defensa da ensinanza pública, coma por exemplo a CADEA HUMANA que terá lugar o 15 de xuño en  praia america.
Podedes poñervos en contacto no mail mareaverdevigo@gmail.com e no blog mareaverdevigo.blogspot.com, coa idea de sumar esforzos, ou tamén podedes optar por iniciar vós mesmos unha mobilización no voso centro. O importante é non quedar calados diante de leis inxustas e non pactadas

No hay comentarios:

Publicar un comentario