CLASISTA
A LOMCE recorre a un perigoso concepto
de “talento”, intentando culpar á xenética do clasismo e racismo que
caracteriza á nosa sociedade; ignorando que os intereses, capacidades e
destrezas humanas son o resultado do contexto e das condicións nas que vivimos
as persoas.
É, polo tanto, unha lei destinada a
expulsar do sistema ao alumnado dos grupos sociais máis desfavorecidos, cuns
“talentos” que se lles fará ver que non son los axeitados e pertinentes.
SEXISTA
Permite colexios segregados por sexo,
aducindo unha declaración da UNESCO de 1960 e ignorando convencións posteriores
aprobadas pola ONU e sentencias do tribunal constitucional, e dando as costas a
unha das manifestacións máis evidente de diversidade: a diferenza sexual.
COMUNIDADE EDUCATIVA “VIGO SUR”. INICIATIVA VENRES
NEGROS
No hay comentarios:
Publicar un comentario