MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



miércoles, 25 de septiembre de 2013

NOTA SOBRE AS ACTIVIDADES 2015-2016



 Ludoteca: tratase  dun servizo de gardería, na que se farán diferentes actividades: manualidades, xogos, etc. Tamén pódese aproveitar para que os nenos fagan individualmente os deberes. Os nenos poderan ser fixos, cun horario semanal estable ou ben esporádicos para o cal os pais terán que vir ao Cole a recoller ó Nen@ a deixalo na Ludoteca. A actividade se desenrolará no local da ANPA e terá un aforo máximo de 10 nenos/día. A actividade será coordinada por Ana Freire (nai dunha alumna do cole,  menbro da ANPA, responsable do campamento de Verán e dos almorzos de expertar xogando).

Debuxo- Práctica e familiarización co mundo do arte e a pintura, é unha actividade impartida por José Miranda na que se utilizan diversas técnicas de debuxo: acuarela, acrilico, témpera, lapis ...así como diversos estilos artísticos : abstracto, collage, reallismo, ... E unha actividade aberta a todas as idades, incluso pais. No fin de curso farase unha exposición no Porche do cole con todos os traballos realizados o longo do ano.

Taekwondo: Actividade impartida por Antonio Rebouras, desemvolvemento desta práctica marcial que mistura o exercicio, a concentración, flexibilidade, forza, disciplina e coordinación coa diversión. Coa posibilidade de federarse e conseguir o pase a un cinto superior. Faise unha exhibición na festa de fin de curso da ANPA.

Inglés: Clases complementarias para tratar de aumentar as competencias nesta lingua a travás do xogo, o uso do ordenador, as cancións e outros recursos. Aprender disfrutando.

Intelixencia Emocional:  E unha nova actividade introducida este ano impartida por xovenes profesionais da psicoloxia emocional (IMNOVA INTELIXENCIAS) da nosa cidade.

Técnicas de Estudio: Outra nova actividade para este curso destinada  os alumnos de 4º, 5º e 6º de primaria, para axudarlles a administrar mellor o tempo e os recursos de estudio a hora de asimilar os conceptos de aprendizaxe.

Multideprte: Actividade destinada os mais pequenos (infantil e 1º primaria) e que neste curso retomase sustituindo a Atletismo.

Zumba: Outra actividade nova, impartida por Ana Freire (nai dunha alumna do cole e encargade da Ludoteca e Espertar Xogando). 


Pisciña:  As prazas repartiranse  o día da Asemblea  as 18hs mais ou menos segundo o establecido na anterior asamblea. Este curso contamos con duas pisciñas (Valadares e Navia).



NOTA:  Para todas as actividades extraescolares ( a excepción depiscina) é necesario cubrir unha ficha de alta na actividade que se poden recoller no taboleiro da anpa e que ven impresa por detrás dos horarios das actividades, tamen a tedes no blog. Entregar no buzon instalado na porta do local da anpa.



No hay comentarios:

Publicar un comentario