MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



miércoles, 7 de noviembre de 2012

MAGOSTO

Este VENRES a partires das 17:30 horas celebraremos un Magasto no cole. Teremos un obradoiro musical de cancions infantís dirixido por Susa Herrera (Mestra de Pedagoxía Musical na Facultade Ciencias da Educación da Universidade de Vigo e autora de varias publicacións usadas no colexio), tamén estará a monitora Noemi para facer maquillaxes  nas caras dos nenos, aproveitando o lume faremos ademais unha chourizada. O alumnado de 6º organizará una tenda para vender artesanía e refrescos coa finalidade de recaudar fondos para a súa viaxe fin de curso.

Dende o  Equipo de Prevención de Drogodependencias do Concello de Vigo, está feita a programación  para  que no noso centro escolar se imparta o Programa  de Prevención  no ámbito familiar “Máis que un teito”  destinado ás familias nas datas e horario que se sinalan a continuación:
¨       03 de decembro de 2012 de 17 a 19 horas
¨       10 de decembro de 2012 de 17 a 19 horas
¨       17 de decembro de 2012 de 17 a 19 horas
Tamén temos pendentes dúas charlas,  unha sobre primeiros auxílios e outra sobre tratamento da praga de piollos para as cales xa temos os ponentes e estamos buscando posibles datas. 
Lembrámosvos que a ludoteca funciona todos os días de luns a venres e que na mesma se desenvolven diferentes xogos e manualidades, tendo temáticas por meses. O mes de novembro será o mes dos xogos de mesa e o de decembro o mes das manualidades de nadal. Máis adiante farase o mes das manualidades en barro e outro baseado no coiro. Irase informando no taboleiro de anuncios da ANPA.     Apuntate¡
Se alguén quere probar unha actividade, que fale co monitor e quede en levalo á mesma nunha única sesión para probar, ten que darse na primeira semana de cada mes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario