MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



jueves, 27 de septiembre de 2012

VIDEO dun IES (sobre os recortes)

Por mucho que nos quiten, mientras nos quede el buen humor todo va bien. Los colegas del IES Matías Bravo de Valdemoro, donde han expedientado al director (que fue premio a la excelencia europea 2008) siguen en su activismo y han derrochado su desparpajo y buen humor en este vídeo.  http://www.youtube.com/watch?v=nlSxztEXAWI

jueves, 20 de septiembre de 2012

FICHA INCRIPCION NOME ACTIVIDADE.


 NOME DO ALUNNO:                                              CURSO:

ACTIVIDADE:

TUTOR:                                                             DNI:
TELEFONOS:
E-MAIL:

FECHA:                                                             FIRMA:

Nota informativa

O Pagamento farase na conta da ANPA do C.E.I.P Ría de Vigo :
nº 2080-5097-35-3040000858  de NOVACAIXAGALICIA (sucursal CANIDO)
1.- As actividades darán comenzo o día 1 de Outubro e rematarán o 31 de maio de 2013.
2.- E obrigatorio o pagamento da cuota anual da ANPA (12€) para todos os nenos/as que se inscriban tanto nas actividades extraescolares, como no servizo “Espertar xogando”.
3.- Non se admitirá a inscrición nas actividades a ningún neno/a, se os pais teñen recibos pendentes de anos anterior.
4.- A inscrición nas actividades ou en ”Espertar xogando” farase cumprimentando a folla de solicitude que achegamos, debidamente cumplimentada. Poderase mandar polo neno/a e entregarlla o/a tutor.
5.- Os pagamentos das actividades farase antes do día 10 de cada mes  na conta bancaria da ANPA.
6.- As baixas serán comunicadas antes do día 5 de cada mes, no caso contrario deberán aboar o mes completo.
7.- Serán baixa de xeito automático aquelas ou aqueles participantes que non teñan aboados os dous últimos meses.
8.- As novas inscripcións nas distintas actividades implicará comenzar na mesma no 1º día do mes seguinte.

Nota informativa

A Danza Contemporánea e unha actividade nova con diferencias sustanciáis coa Danza Moderna que nos da Maria. Para os que lle interese a actividade  podedes entrar en Internet e ir ó  seguinte enlace, onde poderedes ver unha actuación. A profesora quere un grupo con idades diferentes, dado que é un tipo de danza ximnastica colaborativa.
O Baloncesto e o deporte elexido pola asamblea como deporte do cole, intentaremos promocionar e introducirlo no colexio coma actividade extraescolar. Estará orientado a alumnos do cole de Primaria. Os de Infantil que poidesen estar interesados que o comuniquen o ANPA, e se chegan a formar un grupo intentarase que se desenrole para eles.
A Ludoteca e outra das actividades novas que pretendemos incorporar a oferta extraescolar, tratase  dun servizo de gardería, na que se farán diferentes actividades: manualidades, xogos, etc. Tamén pódese aproveitar para que os nenos fagan individualmente os deberes. Os nenos poderan ser fixos, cun horario semanal estable ou ben esporadicos para o cal os pais terán que vir ó Cole a recoller ó Nen@ a deixalo na Ludoteca. A actividade se desenrolará no local da ANPA e terá un aforo de 10 nenos/día. A actividade será coordinada por Noemi (profesora de manualidades do ano pasado e do campamento de Verán).
Pisciña: As prazas que temos adxudicadas na piscina de Valadares son as mesmas que as do segundo cuatrimestre do ano pasado: Luns 16h (7 prazas); Mércores16h (12 prazas); Xoves 16h (9 prazas); Venres 16h (2 prazas); Venres 18.15h (5 prazas). Tamén faremos una lista de espera para os que queden fora das prazas desexadas e con ela pediremos aumento de prazas na piscina.
As prazas repartiranse o Luns 24 (día da Asemblea) as 17h no local da ANPA POR RIGUROSO ORDE DE CHEGADA. Cada Nai/Pai poderá inscribir 3 nen@s.

Para todas as actividades extraescolares que non sexa piscina e necesario cubrir unha ficha de alta na actividade que se poden recoller no taboleiro da anpa e que ven impresa por detrás dos horarios das actividades, tamen a tedes no blog entregar no buzon da anpa posto na porta do local da anpa.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2012-13 HORARIO


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
8-9:30 Espertar Xogando
16-18 Danza Moderna Pequenos  (MARIA)
16-18 Teatro Maiores
16-17:30 Baloncesto (Nova)
16-18 Ludoteca( Nova )
16-16:45 Piscina Valadares
8-9:30 Espertar Xogando
16-18 Danza Moderna Maiores  (MARIA)
16-17 Taekwondo                     Pequenos
16-17 Ingles Maiores  (2ºp-6º p)
16-18 Ludoteca( Nova )
8-9:30Espertar Xogando
16-18Teatro Pequenos
16-17:30 Danza Contemporanea (Nova)
18-19Danza Moderna Nais/Pais (MARIA)
16-17Multixogo
16-18Ludoteca(Nova)
16-16:45 Piscina Valadares

8-9:30EspertarXogando
16-17Taekwondo                            Maiores
16-17InglesPeques (Infantil-1º p)


16-18 Ludoteca( Nova )
16-16:45 Piscina Valadares
8-9:30EspertarXogando






16-18 Ludoteca(Nova )
16-16:45PiscinaValadares
18-20 Teatroa Nais/Pais
A partires de xaneiro
18:15-19 Piscina Valadares

Pequenos:Infantil-1ºPrimaria Maiores: resto cursos
Os horarios e os grupos poden sufrir algún cambio en función do número de inscritos en cada actividade para poder equilibrar os grupos.
TARIFAS:
  • DanzaModerna(MARIA):15€(ASAMBLEA)
  • Teatro: 15 €
  • Taekwondo: 10 €
  • Multixogo: 12 €
  • Ingles: 12€
  • Pisciña Valadares: 28 €/ Cuatrimestre
  • Espertar xogando: 30€ por mes completo  ou 3€ por dia solto.
  • Baloncesto(Nova) 15€
  • DanzaContemporanea(Nova) 15€
  • Ludoteca fijos(Nova)
          5dias a seman–30€/mes
4dias a seman–24€/mes
3dias a seman–18€/mes
            2dias a seman -13€/mes
            1 dia a seman  -8€/mes
  • Ludoteca no fijos  3€/dia.

Benvidos a novo curso escolar 2012-2013

Benvidos a novo curso escolar. Neste novo curso traballaremos todos xuntos para continuar mellorando o noso colexio. O traballo da ANPA é posible grazas a aportación da cuota anual de 12€ que por familia e curso está establecida. Grazas a estes cartos podense desenvolver non só as actividades extraescolares, senón tamén, por exemplo, a colaboración coas festas no centro (Magosto, Nadal, Fin de Curso, Día da Paz, etc.), a participación na Federación de ANPAS de Vigo, a intermediación e tramitación coas distintas administracións públicas para conquerir calquera mellora ou servicio para o colexio… Por todo isto apelamos ao voso deber e requerímosvos para que todas as familias ingresen, na conta do ANPA que especificamos nesta circular, a cuota establecida. En asamblea decidiuse manter a cuata anual anterior. A nosa primeira xuntanza do curso será o vindeiro luns, 24 de setembro ás 18:00 h. na que falaremos das actividades extraescolares e do que se fará ao longo do curso. Contaremos con servizo de canguro para que atenda aos nosos nenos e nenas. Ese mesmo día pero as 17h faremos á inscripción para a pisciña.
O servizo de gardería ”Espertar xogando” desenvolverase polas mañáns dende ás 8 horas. Porase en marcha dende o comenzo ata o fin do curso, cun custo de 30€/mes. Se tedes que facer uso deste servizo algún día solto o prezo é de 3€ por día e non fai falta avisar nin anotarse, xa que o servizo funciona todos os día do curso. Esta actividades pagarase a través da conta bancaria ao igual que as outras sempre que se utilice o servizo o mes completo, os día soltos pagaranse a coidadora. Existe outra modalidade sen desayuno e dende as 9horas no que se abonan 10€ mesuais ou ven 1€ dia solto.
Conta da ANPA do C.E.I.P Ria De Vigo : nº 2080-5097-35-3040000858  NOVACAIXA  sucursal CANIDO
FAI XA o teu ingreso anual de 12€ por familia.

viernes, 22 de junio de 2012

CARTA FIN DE CURSO

Un novo curso remata e dende a directiva da ANPA quixeramos animaros a participar nela na medida en que cada un poida, todos somos socios e nos beneficiamos da mesma maneira da súa existencia. Entendemos que a directiva pon máis traballo e tempo, pero non por iso temos toda a responsabilidade, este comentario ven non so para animar a quen queira a pertenecer a directiva da ANPA, senón tamén, para que cada socio da ANPA sexa consciente da súa parte de responsabilidade e de que as cousas se pensan e se fan o mellor que se pode cos medios que se contan. E bo que se saiban os erros cometidos, non so para evitalos nun futuro, senón tamén para ser conscientes de que as actividades programadas pola ANPA non son actividades contratadas, nas cales podamos exixir a un terceiro, senón que son actividades xestionadas e organizadas pola agrupación na que se entende unha responsabilidade de todos. Así que si podes, axúdanos. A participación pode ser moi variada; axuda en actuacións puntuais, anótate para  facer unha garda unha vez ao mes de menos de 2 horas… ou calquera axuda que se te ocurra.

Tal como se aprobou a asamblea estamos sopesando a posibiliddae de contratar a unha empresa de xestión de actividades o cal tería dúas importantes melloras: a primeira é que a responsabilidade pasaría a esta empresa en todo o relacionado coas actividades extraescolares, a segunda é que a contratación de actividades sería a través deles e que a xestión de cobros tamén se encargarían eles. Como aspectos negativos o aumento do prezo, he a posibilidade de que algún nonitor actual non poida seguir. Pero esta decisión ha tomaremos entre todos, en asamblea. a principio de curso do ano que ben.

A directiva da ANPA puso moita énfase na colaboración cos menbros da comunidade educativa, valorando moito o seu traballo e adicación sabedores que dende unha boa sintonía e bo ambiente poderemos acadar mellores resultados para todos, o que non quita que dende unha crítica constructiva se vaian suxerindo cambios e explicacións en numerosas ocasións,   pero sempre confiando as solucións finais aos profesionais, que son os nosos mestres.

O bo ambiente no colexio,  tamén ven de compartir situacions e experiencias entre país e entre país e profesorado. Sabedores disto dende a ANPA cremos na potenciaciacion das Festas en Familia no cole, o Magosto, o Entroido e a Festa Fin de Curso, así como todas as actividades de obradoiros coma o de máscaras e de adornos de nadal. Tamén é de reseñar as charlas programadas dentro da chamada “Escola de país e nais”.  A nosa intención é a de manter e potenciar todas estas actividades.

Xa vai cumplir máis dun ano dende que principiamos unha nova canle de comunicación co noso blog http://anpaceipriadevigo.blogspot.com/ que, aínda que non está funcionando como canle participativo, si que o fai como canle informativo polo que vos animamos a que fagades comentarios e apartacións no mesmo.  Lembrade que no blog tedes acceso a moitas fotos dos vosos fillos nos eventos nos que participa a ANPA.

O que dende a directiva da ANPA propomos para as actividades extraescolares do curso que ven, ademais do plantexamento da posibilidade dunha empresa de xestión  é o mantemento das xa existentes, pero coa implementación doutras novas como xornalismo, balonmán, danza tradicional, ximnasia musical e unha ludoteca permamente.

 Agradecemos a implicación dos monitores actuais (María, Montse, Mónica, Laura, Noemi e Antonio...) sinceiramente, Grazas!.
                                
Pensamos ca festa da ANPA , apesar dalguns erros e do tempo, saiu ben. Informamos que non voltaremos a comprar as pizas na pasiva e pedimos disculpas por decidir ese cambio, animanos a facer criticas constructivas, comentarios do que os pareceu mais positivo  ou aportar novas ideas.  de cara a festa do ano que ben.

 Ledos de coma funcinou o campamento de Verán 2011 neste ano desenvolverase no colexio a segunda edición, cun programa similar ao do ano pasadado. Cremos que vai ser unha grande experiencia para os nenos e nenas e unha boa alternativa de lecer nas vacacións.

Agradecemos especialmente a todas as familias que se asociaron a ANPA neste curso, confiando e apoiando o noso traballo. Animamos ás que non o fixeron a que o vindeiro curso se asocien e traballen con nós. Tamén animamos a colaborar na propia directiva da ANPA a quen queira e poida.

Xa comenzan as vacacións de verán para a escola, e desde a ANPA desexamos que poidades compartir o maior tempo cos vosos fillos e fillas.

            Que saibades que neste ano de recortes, a ANPA puso parte do diñeiro necesario para a edición da revista o faro da ria, dado que cremos nela e a tomamos coma un sinal de identidade, ademais suxerimos a inclusión de fotos dos grupos dos diferentes cursos coa intención de darlle un valor engadido á mesma e que faga que a revista sexa un b o recordó.

Un agarimoso saúdo,                                                                             
A directiva da ANPA do C.E.I.P. Ría de Vigo.