Un novo curso remata e dende a directiva da ANPA quixeramos animaros a participar nela na medida en que cada un poida, todos somos socios e nos beneficiamos da mesma maneira da súa existencia. Entendemos que a directiva pon máis traballo e tempo, pero non por iso temos toda a responsabilidade, este comentario ven non so para animar a quen queira a pertenecer a directiva da ANPA, senón tamén, para que cada socio da ANPA sexa consciente da súa parte de responsabilidade e de que as cousas se pensan e se fan o mellor que se pode cos medios que se contan. E bo que se saiban os erros cometidos, non so para evitalos nun futuro, senón tamén para ser conscientes de que as actividades programadas pola ANPA non son actividades contratadas, nas cales podamos exixir a un terceiro, senón que son actividades xestionadas e organizadas pola agrupación na que se entende unha responsabilidade de todos. Así que si podes, axúdanos. A participación pode ser moi variada; axuda en actuacións puntuais, anótate para facer unha garda unha vez ao mes de menos de 2 horas… ou calquera axuda que se te ocurra.
Tal como se aprobou a asamblea estamos sopesando a posibiliddae de contratar a unha empresa de xestión de actividades o cal tería dúas importantes melloras: a primeira é que a responsabilidade pasaría a esta empresa en todo o relacionado coas actividades extraescolares, a segunda é que a contratación de actividades sería a través deles e que a xestión de cobros tamén se encargarían eles. Como aspectos negativos o aumento do prezo, he a posibilidade de que algún nonitor actual non poida seguir. Pero esta decisión ha tomaremos entre todos, en asamblea. a principio de curso do ano que ben.
A directiva da ANPA puso moita énfase na colaboración cos menbros da comunidade educativa, valorando moito o seu traballo e adicación sabedores que dende unha boa sintonía e bo ambiente poderemos acadar mellores resultados para todos, o que non quita que dende unha crítica constructiva se vaian suxerindo cambios e explicacións en numerosas ocasións, pero sempre confiando as solucións finais aos profesionais, que son os nosos mestres.
O bo ambiente no colexio, tamén ven de compartir situacions e experiencias entre país e entre país e profesorado. Sabedores disto dende a ANPA cremos na potenciaciacion das Festas en Familia no cole, o Magosto, o Entroido e a Festa Fin de Curso, así como todas as actividades de obradoiros coma o de máscaras e de adornos de nadal. Tamén é de reseñar as charlas programadas dentro da chamada “Escola de país e nais”. A nosa intención é a de manter e potenciar todas estas actividades.
Xa vai cumplir máis dun ano dende que principiamos unha nova canle de comunicación co noso blog http://anpaceipriadevigo.blogspot.com/ que, aínda que non está funcionando como canle participativo, si que o fai como canle informativo polo que vos animamos a que fagades comentarios e apartacións no mesmo. Lembrade que no blog tedes acceso a moitas fotos dos vosos fillos nos eventos nos que participa a ANPA.
O que dende a directiva da ANPA propomos para as actividades extraescolares do curso que ven, ademais do plantexamento da posibilidade dunha empresa de xestión é o mantemento das xa existentes, pero coa implementación doutras novas como xornalismo, balonmán, danza tradicional, ximnasia musical e unha ludoteca permamente.
Agradecemos a implicación dos monitores actuais (María, Montse, Mónica, Laura, Noemi e Antonio...) sinceiramente, Grazas!.
Pensamos ca festa da ANPA , apesar dalguns erros e do tempo, saiu ben. Informamos que non voltaremos a comprar as pizas na pasiva e pedimos disculpas por decidir ese cambio, animanos a facer criticas constructivas, comentarios do que os pareceu mais positivo ou aportar novas ideas. de cara a festa do ano que ben.
Ledos de coma funcinou o campamento de Verán 2011 neste ano desenvolverase no colexio a segunda edición, cun programa similar ao do ano pasadado. Cremos que vai ser unha grande experiencia para os nenos e nenas e unha boa alternativa de lecer nas vacacións.
Agradecemos especialmente a todas as familias que se asociaron a ANPA neste curso, confiando e apoiando o noso traballo. Animamos ás que non o fixeron a que o vindeiro curso se asocien e traballen con nós. Tamén animamos a colaborar na propia directiva da ANPA a quen queira e poida.
Xa comenzan as vacacións de verán para a escola, e desde a ANPA desexamos que poidades compartir o maior tempo cos vosos fillos e fillas.
Que saibades que neste ano de recortes, a ANPA puso parte do diñeiro necesario para a edición da revista o faro da ria, dado que cremos nela e a tomamos coma un sinal de identidade, ademais suxerimos a inclusión de fotos dos grupos dos diferentes cursos coa intención de darlle un valor engadido á mesma e que faga que a revista sexa un b o recordó.
Un agarimoso saúdo,
A directiva da ANPA do C.E.I.P. Ría de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario