MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



miércoles, 30 de noviembre de 2011

NOTA INFORMATIVA NOVEMBRO 2.011

OBRADOIRO DE CONTOS

A Federación de ANPAS de Vigo convida ós/ás nenos/as de Primaria (6/12 anos) dos colexios públicos de Vigo con o seu pai ou a súa nai a un obradoiro de construcción de personaxes de conto e representación “Constrúe un conto escenificado” que se desenvolverá durante dous días: o vindeiro xoves 22 de decembro  entre as 17.00 e as 19 horas e o venres 23 de decembro, entre as 17.30 e ás 18.30 horas no salón de actos do IME, no Camiño do Chouzo, 2, onde está a sede de FOANPAS.

A asistencia será por rigurosa orde de inscrición, con límite de 15 nenos co seu pai ou a súa nai ou outro familiar.
As familias deberán comunicar á Federación a súa asisitencia con prazo máximo ata o luns 19 de decembro.

jueves, 10 de noviembre de 2011

magoto no cole

MAGOSTO no cole o venrres 11 as 6:30 da tarde.
Un saúdo familias, este venrres celebraremos un magosto, teremos una demostración de ximnasia acrobática na modalidade chamada FLIK-FLAK que farase no xinnasio as 7:00, algo espectacular e como adelanto dunha posible nova actividade, pra nenos e maiores. Non cho perdas e achegate, e unha boa disculpa para xuntarnos. Combidamos a todos os profes que queran vir.
XUNTA DIRECTIVA

actividade do MsM

roteiro.jpg

Área de Educación
Museo do Mar de Galicia
area.educacion@museodomar.es
www.museodomar.es
T: 986 247 691 / 986 247 750
F: 986 247 748

miércoles, 28 de septiembre de 2011

El e-mail a cambiado a anpaceipriadevigo@gmail.com

As fotos do campamento veran 2011

Busca a tu hijo dento del albun web


Busca a tu hijo dento del albun web

carta a foanpas en apoio dos mestres


San Miguel de Oia a 28 de Setembro 2011


Att. Xunta Directiva FOANPAS

Estimados Srs,

A ANPA do CEIP Ría de Vigo EXPÓN:
Que o pasado Martes 20 de Setembro reuniuse a Asemblea da ANPA do cole na que estivemos presentes os representantes de 85 Familias de este Colexio.
Un dos puntos a tratar na Asemblea era o análise e debate da situación que estamos a vivir respecto ó conflito que o Profesorado mantén coa Consellería de Educación.
A nos, Nais/Pais e membros da comunidade de este colexio, isto aféctanos directamente xa que pensamos que é a Educación Pública e de Calidade dos nosos fillos a que está sendo directamente atacada.
Finalmente a Asemblea por unanimidade acadou os seguintes acordos:
  1. Manifestar públicamente á comprensión e o apoio incondicional de esta ANPA ás reivindicacións e as protestas do profesorado.
  2. A disposición das Nais e Pais de este ANPA a apoiar calquera mobilización dos Mestres en defensa da súa dignidade profesional.
  3. A Asemblea encomendou á Xunta directiva da ANPA a que propoña e fomente en FOANPAS unha protesta formal das ANPAS de Vigo en apoio do profesorado da ensinanza pública.

Polo tanto SOLICITA:
Que se convoque unha Asemblea da FOANPAS para poder debater este punto e poder acordar una posición común das ANPAS de Vigo, así como posibles mobilizacions que, dende esta ANPA, creemos que están perfectamente xustificadas.

Saúdos


ANPA C.E.I.P Ría de Vigo

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2011-12

HORARIO
LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
8-9:30 espertar
xogando
16-18h Danza Pequenos
16-17h Multideporte
16-17:30h Teatro Maiores
8-9:30 espertar
xogando
16-18h Danza Maiores
16-17 h Taekwondo                              Pequenos
8-9:30 espertar
xogando
16-17:30h Teatro Pequenos

8-9:30 espertar xogando
16-17 h Taekwondo                              Maiores
8-9:30 espertar
xogando
16-18 h Manualidades
18-19.30 h Teatro Nais / Pais


Pequenos:  Infantil e 1º de Primaria
Maiores: resto de cursos
Os horarios e os grupos poden sufrir algún cambio en función do número de inscritos en cada actividade para poder equilibrar os grupos.
TARIFAS:
  • Danza: 15 €                                     
  • Teatro: 15 €
  • Manualidades: 15 €
  • Taekwondo: 10 €
  • Multideporte: 12 €
  • Pisciña Valadares: 28 € / Cuatrimestre
  • Pisciña Ramallosa: 43 € / Cuatrimestre
  • Espertar xogando: 30€ por mes completo  ou 3€ por dia solto.

O Pagamento farase na conta da ANPA do C.E.I.P Ría de Vigo :
2080-5097-35-3040000858  de NOVACAIXAGALICIA (sucursal CANIDO)

1.- As actividades darán comenzo o día 3 de outubro e rematarán o 31 de maio de 2012.
2.- E obrigatorio o pagamento da cuota anual da ANPA para todos os nenos/as que se inscriban tanto nas actividades extraescolares, como no servizo “Espertar xogando”.
3.- Non se admitirá a inscrición nas actividades a ningún neno/a, se os pais teñen recibos pendentes de anos anterior.
4.- A inscrición nas actividades ou en ”Espertar xogando” farase cumprimentando a folla de solicitude que achegamos, debidamente cumplimentada. Poderase mandar polo neno/a e entregarlla o/a tutor.
5.- Os pagamentos das actividades farase antes do día 10 de cada mes  na conta bancaria da ANPA.
6.- As baixas serán comunicadas antes do día 5 de cada mes, no caso contrario deberán aboar o mes completo.
7.- Serán baixa de xeito automático aquelas ou aqueles participantes que non teñan aboados os dous últimos meses.
8.- As novas inscripcións nas distintas actividades implicará comenzar na mesma no 1º día do mes seguinte.
9.-Para poder apuntarxe a calquera actividade e preciso ser socio da ANPA para o cal e obrigatorio pagar a cuota anual por familia de 12€.