MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



miércoles, 28 de septiembre de 2011

carta a foanpas en apoio dos mestres


San Miguel de Oia a 28 de Setembro 2011


Att. Xunta Directiva FOANPAS

Estimados Srs,

A ANPA do CEIP Ría de Vigo EXPÓN:
Que o pasado Martes 20 de Setembro reuniuse a Asemblea da ANPA do cole na que estivemos presentes os representantes de 85 Familias de este Colexio.
Un dos puntos a tratar na Asemblea era o análise e debate da situación que estamos a vivir respecto ó conflito que o Profesorado mantén coa Consellería de Educación.
A nos, Nais/Pais e membros da comunidade de este colexio, isto aféctanos directamente xa que pensamos que é a Educación Pública e de Calidade dos nosos fillos a que está sendo directamente atacada.
Finalmente a Asemblea por unanimidade acadou os seguintes acordos:
  1. Manifestar públicamente á comprensión e o apoio incondicional de esta ANPA ás reivindicacións e as protestas do profesorado.
  2. A disposición das Nais e Pais de este ANPA a apoiar calquera mobilización dos Mestres en defensa da súa dignidade profesional.
  3. A Asemblea encomendou á Xunta directiva da ANPA a que propoña e fomente en FOANPAS unha protesta formal das ANPAS de Vigo en apoio do profesorado da ensinanza pública.

Polo tanto SOLICITA:
Que se convoque unha Asemblea da FOANPAS para poder debater este punto e poder acordar una posición común das ANPAS de Vigo, así como posibles mobilizacions que, dende esta ANPA, creemos que están perfectamente xustificadas.

Saúdos


ANPA C.E.I.P Ría de Vigo

No hay comentarios:

Publicar un comentario