Os luns, 14, 21 e 28 na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6) de
19:00 a 21:00 h
Impartido por: Francisco Castro (escritor)
Número de prazas: 16
Para inscribirse deben chamar ao teléfono: 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 h
Dirixido a persoas adultas ás que lles gusta escribir.
Neste obradoiro, gratuíto, concebido dende unha perspectiva lúdica e moi participativa,
quen acuda terá a oportunidade de plasmar sobre o papel a ampla experiencia que dan
os anos e a memoria, e de converter as súas vidas en literatura.
Todas as persoas que participen terán a ocasión de, dende o primeiro momento, escribir
poemas, relatos, contos... sempre en actividades moi sorprendentes.
A Concellaría de Normalización Lingüística
organiza este obradoiro gratuíto
Comunícate en público.Seduce coa voz
O martes, 15 de maio na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6) de
19:00 a 21:00 h
Impartido por: Uxía Blanco
Número de prazas: 25
Para inscribirse deben chamar ao teléfono: 986 81 02 81 de 9:00 a 13:00 h
Dirixido a persoas adultas que queiran seducir coa voz
Obradoiro no que nos achegaremos a como comunicarnos en público: vencer o medo ao
micrófono, como modular a voz, ordenar o discurso...
A linguaxe non verbal, a presenza, a brevidade...
Comunicación dende a lingua de noso, lingua que ten un valor engadido xa que nos
permite comunicarnos con 240 millóns de persoas pertencentes a lusofonía.
Asemade, vencemos prexuízos como "no hablo en gallego, porque no lo hablo bien" ou
"en galego só nos entenden a xente de aquí".
A Concellaría de Normalización Lingüística
organiza esta actividade gratuíta para nenos e nenas
Achégate ás Letras Galegas,
debuxando!
O sábado, 12 de maio no Café de Catro a Catro (rúa Girona, 16) ás
16:30 h
Entrada libre ata completar aforo (200 persoas)
Vén coñecer as e os persoeiros homenaxeados no Día das Letras Galegas da man de
Pepe Carreiro (autor dos Bolechas), con especial atención a Valentín Paz Andrade, autor
homenaxeado neste ano
A Concellaría de Normalización Lingüística
organiza esta actividade para nenos e nenas
Polo correo do vento
O martes, 15 de maio na Biblioteca Central (Joaquín Yáñez, 6) ás
18:30 h
Entrada libre ata completar aforo (50 persoas)
Ilustracións e contacontos para nenos e nenas a partir de 3 anos
Duración aproximada de 1 hora
Ludotecas lingüísticas
A ludoteca lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na
recuperación de xogos tradicionais, a disposión de xogos novos e diferentes, e xogos
lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico. Con
formato de gran feirón, os rapaces/as terán que ir superando as distintas probas que se
lles propoñan de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.
Terán lugar
Mércores, 9 de maio no Centro Cívico de Teis, ás 17:30 h (camiño Maceiras, núm .2 tfno.: 986 26 60 30)
Venres, 11 de maio na praza da Independencia, ás 18:00
Idades: de 5 a 12 anos
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza as
Obradoiro de escrita creativa
No hay comentarios:
Publicar un comentario