MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



martes, 3 de mayo de 2011

inscripcion CAMPAMENTO VERAN 2011

O Campamento levarase a cabo do 4 de xullo ao 29 de xullo, en dous turnos,  un do 4  ao 15 de xullo e outro do 18 ao 29 de xullo, terá un horario de 9:30 a 14:30, coa opción individual dun servizo de almorzo (desayuno) co mesno horario e prezo que no periodo escolar, é decir horario de 8:00 a 9:30 e prezo de 15€ a quincena neno/a ou 3€ por día solto.
O campamento desenvolverase  de luns a venres, principalmente nas instalacions do propio colexio, pero utilizando somentes  o ximnasio, aula da natureza e os baños exteriores como dependencias cubertas, e as zonas exteriores. Non se dará servizo de comidas e a merenda da mañá será aportada polos propios alumnos diariamente, procurando seguir co programa do cole(LUNS bocata, MARTES iogurt MERCORES froita, XOVES doces caseiros, VENRES libre).
A previsión de asistencia feita segundo as peticions recibidas danos uns 40 nenos/as, que se dividirán en 3 grupos por idades e cursos, cada un dos cales será dirixido por un monitor de tempo libre, cun ratio estimado de 13 nenos/as por monitor e un total de 3 monitores.
No campamento realizaranse  actividades de xogos e obradoiros, combinadas con clases de inglés e lectura. Os monitores terán apoios puntuais tanto de pais, como de persoal especialista para o desenvolvemento de obradoiros e actividades. Realizarase un programa semanal de actividades segundo a climatoloxia e disponibilidade. Dito programa será aportado no transcurso do campamento.
A xunta directiva da ANPA decidiu que para simplificar e axilizar trámites, así como para saber de xeito fiel con cantos nenos/as contará o campamento, realizarase o  pagamento do mesmo nun único pago e nun plazo non moi extenso  quedando fixado o venres día 20 de maio como data límite para realizar o pagamento. O ingreso farase na conta da ANPA,  indicando o nome do neno/a e como concepto campamento e quincena. Lémbrase que o prezo é de 50€ quincena, 100€ mes completo. De saber si se usará o servizo de almorzo durante toda unha quincena ou as dúas, tamén se ingresará na conta nº  208000097400040000852 de novacaixa.
Vaise dotar ao campamento dunha piscina inchable duns 4m de diametro e 60cm de profundidade de auga, razón pola cal se pide autorización para que o neno/a poida bañarse e medios auxiliares de flotabilidade en caso de non saber manter a mesma. A piscina será usada por turnos e grupos de nenos/as, con vixilancia en proximidade dun monitor.
Para o uso da piscina e xogos de auga é preciso achegar segundo o programa que se vai facilitar un bañador e toalla. Tamén é posible que se faga algunha saída fóra do colexio, sobre todo á praia de CANIDO para o cal estanse facendo xestions con VITRASA e con CRUZ ROJA para aumentar a seguridade tanto nos traxectos coma na estancia na praia, estas saídas, de facerse, tamén serán por grupos e turnos e precisan de autorización expresa, aoigual que o uso da piscina.
Se algunha nai ou pai pode e quere, nos horarios do campamentos, aportar algo do seu tempo en calquera das actividades que o comunique.
En caso de non entregar anteriormente a solicitude do campamento, comunicalo canto antes a algún membro da ANPA  e, ao igual dos que mostraron o seu interese, cubrir este documento canto antes e pagar antes do vernes 20 de maio. Por favor, comunícate con nós, cubre o formulario e introdúceo no buzón da ANPA, enviao a anpacies@gmail.com ou chama ao móvil 649 557080 de luns a xoves de 16:00 a 18:00. Tamén podes deixar o teu comentario no BLOG da ANPA http://ampariadevigo.blogspot.com/.  Accede ao blog e poderás ver e baixarte fotos dos teus fillos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario