martes, 3 de mayo de 2011

tombola 2011

       Queridas familias, como todos os anos estamos a preparar a festa de fin de curso, a data elexida é o sábado 18 de xuño e terá un programa semellante ao do ano pasado con actuacions  e actividades durante todo o día, unha das cales sera a famosa TOMBOLA para a cal  temos que contar coa colaboración de todas as familias, xa que os agasallos serán aportados polas mesmas. Calquera xoguete, conto, libro, etc. QUE SE ATOPE EN BO ESTADO e que xa non sexa utilizado polos nosos nenos e nenas pode ser aportado para a tómbola. Estas aportacións poderán ser entregadas no local da ANPA, ben a entrada no cole ou no horario de gardas (de luns a xoves de 4 a 6 da tarde).  Esperamos contar coa túa  colaboración. Un saúdo de todos os membros e colaboradores da ANPA.

No hay comentarios:

Publicar un comentario