MENSAXE DE BENVIDA

Benvidos a este noso blog donde esperamos mellorar e potenciar a nosa comunicación. Os animamos a que este blog sexa un bo medio de relación entre nos e que de aqui saian boas ideas para mellorar o traballo desta ANPA, asi como potenciar a labor educativa deste noso cole.



jueves, 17 de febrero de 2011

OBRADOIRO DE TEATRO

Vaise organizar un Obradoiro de Teatrro para as Familias .
O Obradoiro está pensado para que participen os nenos en compaña de os PAIS / NAIS que queran pasar un bo rato.
Haberá unha reunión o vindeiro Mércores 23 as 18.00h coa profe de teatro, Monica, encargada de dirixir o Obradoiro.
Agardamos ter moitas inscripcions e asi formar un divertido grupo.
¡Animádevos!

MONOLOGO solidario MERCORES 2 de marzo 2.011

actividades e talleres no museo do mar


Este sábado 19 de febreiro, a partir das 12.00h poderedes coñecer A BABOR CLUB,  xunto co novo programa de actividades, para todos os públicos, do Museo do Mar de Galicia e Salinae.
 Creamos como novidade no ano 2011 o club de lecer A BABOR CLUB, un proxecto para o disfrute de toda a familia. O noso club está ideado para aportar unha completa oferta lúdica e didáctica para grandes e pequenos.
 Coa pertenza ao club cada unidade familiar ten dereito a:
- Carnés individuais para cada membro con chapas exclusivas
- Un bono con 60 pases para visitas e obradoiros
- A invitación a todas as inauguracións
- Posibilidade de invitar a amigos
- Catro festas familiares (con merenda)
         1.- en febreiro "o entroido pirata"
         2.- en xullo "as estrelas nos guían"
         3.- en outono "o outono no mar"
         4.- no Nadal "o museo vístese de Nadal"
- Desconto do 15% na tenda do Museo

COTA FAMILIAR ANUAL                        
20 euros (da dereito a 60 pases con tarifa especial de entrada no Museo de 0,5 euros)

OBRADOIROS PARA FAMILIAS
 No Museo do Mar
O 19 de febreiro retomamos os obradoiros para familias que continuarán todos os sábados de 16.30h a 18.30h.
Queremos mostrar a exposición permanente do museo a través de actividades que invitan a experiencia e, como non, a pasar un momento de diversión en familia.
Cada actividade trata sobre a temática dunha parte da exposición que se traballará tanto no propio espacio expositivo como no obradoiro, onde realizaremos outro tipo de experiencia coa mesma temática.
DATAS PRÓXIMAS
19 e 26 de Febreiro- O CICLO DA VIDA (16.30h a 18.30h)
 En Salinae
Arrancamos tamén o 19 de febreiro con obradoiros para nenos e para familias que se desenvolverán nas mañás dos sábados comezando con “Ludi romani”, un obradoiro de xogos romanos para nenos de 5-7 anos
DATAS PRÓXIMAS
19 e 26 de febreiro- LUDI ROMANI (12.00h a 13.30h)


INFORMACIÓN E RESERVAS:
De luns a domingo: de 10 a 14h
T: 986 247 691
email: area.educacion@museodomar.es

A idade mínima para participar nas actividades é 5 anos
Na páxina web iremos actualizando as datas dos próximos obradoiros

Tarifa obradoiros : de 8 a 16 anos:1,5 
Tarifa especial A Babor Club: 0,5 €



Saúdos!!
 Sara Posada
Área de Educación
Museo do Mar de Galicia
T: 986 24 76 91 / 24 77 50
F: 986 24 77 48
area.educacion@museodomar.es
http://www.museodomar.es/



miércoles, 9 de febrero de 2011

Fai as tuas suxerencias de WEBS FAMILIARES

Yo os nombro a de http://www.conmishijos.com/ moitas ideas e información sobre a salud, educación e o ocio familiar.  Venga animaros a escribir vosas webs faboritas no apartado de comentarios, despois as colocaremos todas nun directorio.

lunes, 7 de febrero de 2011

premio de innovación acadado polo centro

INVITACION A CHARLA Reconstruir a relación familiar na adolescencia.

Dende a ANPA do IES San Tomé invítase os/as pais/nais do voso centro de 5º e 6º de Primaria e da ESO a charla que a relación se anexa.
Invitámoslle á conferencia: “Reconstruir a relación familiar no contexto da adolescencia” que será impartida pola psicóloga Ana María Sieiro, e que terá lugar no Instituto o martes 8 de febreiro de 2011 ás 19.30 horas.
O relatorio tratará sobre os seguintes temas:
A adolescencia, ¿unha moda?
Principais características desta etapa evolutiva (cambios fisiolóxicos e psicolóxicos)
Os aspectos positivos desta etapa
Como favorecer estratexias de comunicación que supoñan un equilibrio entre a liberdade da autonomía persoal e o fortalecimento da sua responsabilidade.

Ao remate da exposición haberá un coloquio.

Agradecémoslle de antemán a súa asistencia.

Asdo: A Xunta Directiva